Saturday 11 de May de 2024

O Concello de Lousame inviste case 58.000 euros nas obras de mellora do camiño entre Cruído e Seoane


 

O Concello de Lousame está a investir un total de 57.948,5 euros na mellora dun camiño entre as aldeas de Cruído e Seoane, na parroquia de Lousame. Uns traballos que foron iniciados esta mesma semana por Marconsa, empresa adxudicataria dunhas obras que están incluídas no Plan Complementario do POS+2017 e que teñen un prazo máximo de execución de seis meses.

O camiño ten unha lonxitude de 1,5 quilómetros e un ancho de 5 metros, así como 175 m2 de sobreanchos. Os traballos permitirán mellorar a capa de rodaxe con 5 centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Por último, limparanse as gavias e salvagavias para a correcta drenaxe da zona e colocarase sinalización horizontal, co pintado de liñas nos bordes da pista. Este camiño entre as aldeas de Cruído e Seoane é moi utilizado pola veciñanza, xa que é unha das principais vías de acceso á igrexa de San Xoán de Lousame.